martes, 15 de octubre de 2019

PracTICa 04: Zombie con GIMP

Neste videotutorial amoso como facer unha transformación cunha foto e convertila nun zombie. 


Podedes coller os arquivos da práctica aquí.

O traballo consistirá en escoller unha foto dunha persona, a que ti queiras, e zombificala tal como fixemos con House.

miércoles, 2 de octubre de 2019

PracTICa 03: PRESENTACIÓNS EN DRIVE

Na seguinte práctica teremos que crear unha presentación online e incrustala no Blog.

A presentación terá que tratar sobre un tema que estudases nunha clase, deste ano ou doutro.
Para iso, teredes que escoller un tema, facer un resumo, pensar a maneira de dividilo en diapositivas e buscar ou xerar os gráficos necesarios.

O número mínimo de diapositivas será cinco, incluíndo a carátula. Na diapositiva final poredes a bibliografía ou cibergrafía utilizada para facer o traballo, os créditos e os agradecementos. Iso vos deixa cinco diapositivas mínimas para por os contidos.

Os contidos teñen que ser imaxes e textos, debendo existir un equilibrio entre ambos.

Os textos deberán ser redactados por vós, en galego ou castelán, pero non facendo copiar e pegar da rede, pois iso suporá a anulación do traballo.

As imaxes deberedes citar de onde as sacades e poñelo na cibergrafía.

Os contidos serán maduros e ben formulados, sodes estudiantes da última etapa de secundaria e xa tendes un nivel, que se vexa.

Falando de presentacións online, non podemos deixar de lado o máis popular servicio para compartir este tipo de contidos, a plataforma SlideShare, onde atoparedes unha boa morea de presentacións en múltiples idiomas e sobre todo tipo de contidos, educativos tamén. É unha especie de youtube das presentacións.

https://slideshare.net


Deixovos tamen unha presentación de exemplo:


PrácTICa 12: Análisis de la Sociedad de la Información. Fake News y Postverdad. Otro tipo de VIRUS. Teoría.

Hola. ¿Cómo os va todo en esta cuarentena? Espero que bien. Antes de nada daros mucho ánimo y pediros paciencia. Y deciros que este se...