Tipografía: palabra que provén do grego τύπος típos, golpe ou huella, e γράφω gráfο, escribir, e que se refire ao arte e técnica de manexar e seleccionar tipos gráficos de cara a un traballo de impresión.
Os traballos serán presentados no blog cada un nunha entrada diferente, co título adecuado ó contido.
Cada
traballo será comentado polo autor ou autora, explicando e argumentando
as decisións que o/a levaron a facelo dese xeito, evitando caer no
comentario de me gusta/non me gusta. Hai que utilizar criterios
razonados.
Poden adxuntarse bocetos cando os haxa (é de
feito, recomendable) e/ou versións alternativas, sempre deixando ben
indicado cal é o traballo final.
Os traballos deberán ser completos, serios e de aspecto profesional. Coidando especialmente a presentación e a imaxe.
Caligramas (do francés calligramme). Os
caligramas son textos, moitas veces de tipo poético, no que as letras e
disposicións tipográficas debuxan unha imaxe que garda relación co
contido presentado.
 |
| Un dos primeiros Caligramas obra de Gillaume Apollinaire |
Traballo 01- Caligrama de Dintorno.
Realizarase
un caligrama de xeito que as palabras debuxen unha imaxe dispoñéndoas
no interior ou silueta dunha ou varias figuras. En Inkscape utilizarase a
opción "fluir no marco".
De dintorno, cando o texto enche a figura. (Lembra xogar cos parámaetros de centrado, xustificado, o tamaño da letra, etc)
Traballo 02- Caligrama de Contorno.
Realizarase
un caligrama de xeito que as palabras debuxen unha imaxe dispoñéndoas
ao longo do contorno (o borde ou trazo) dunha ou varias figuras. En
Inkscape utilizarase a opción "poñer no traxecto".
De contorno cando o texto rodea a figura:
Máis exemplos:



.